sábado, 1 de marzo de 2014

Feira das ciencias 2014

A exposición na Feira das Ciencias resultou moi gratificante polo interese mostrado polos compañeiros, profesores e os pais e outros visitantes que nos visitaron na xornada de portas abertas, facéndonos peticións para que se imprimira o seu nome ou algunha figura das realizadas ca impresora.

Os alumnos de outros centros da zona que nos visitaron fíxoselle entrega dunha pequena placa de plástico co nome do seu centro. 

  • Vídeo da exposición na Feira:



  • Enlace á reportaxe publicada pola La voz de Galicia sobre a Feira da Ciencias:
 



lunes, 24 de febrero de 2014

Xa está todo preparado para comenzar o día de mañán ca IX Feira das ciencias no Alfredo Brañas.
Despois de realizar hoxe os últimos retoques, esperamos facelo ben no día de mañan e que todo saia según o previsto e os colexios que nos visiten marchen contentos ca experiencia.
Esperamosvos a todos nos días de mañan e pasado!
Intentaremos facelo ben e que aprendades cousas sobre a nosa impresora 3D.

martes, 4 de febrero de 2014

Na última reunión de traballo realizamos unha serie de tarefas para organizar mellor os cables da impresora e que quedase máis vistoso e cómodo para traballar. Para isto acortamos os cables para que non fosen tan longos, volvemos a soldar con estaño as conexións dos cables e agrupámolos en varios lotes con tubo de plástico para que non abultasen tanto.

Ademáis colocamos tamén unha peza de plástico sobre o ventilador do extrusor para que solo lle aportase aire a zona de refrixeración. Esta peza deseñámola con Openscad e foi a primeira peza fabricada pola propia Prusabrañas para mellorar o seu rendemento.

Foto impresora 3D cos cables recollidos.

martes, 21 de enero de 2014

Prusa 3D

Neste novo día de traballo, reunímonos o grupo de alumnos de Tecnoloxía Industrial de 1º de Bach, para seguir coa impresora 3D.

Tivemos que realizar algunhas modificacións en certos detalles da impresora, como por exemplo cambiar a polea de plástico (tiña unha fendedura que provocaba saltos da correa e o desprazamento nas capas da impresión) por unha metálica, pero a impresora xa está terminada e agora funciona perfectamente. Na reunión, deseñamos un par de pezas sinxelas e logo imprimímolas. O resultado foi moi satisfactorio.

Nas proximas sesións teremos que organizar todo o cableado que ainda está solto e seguíremos deseñando e fabricanco novas pezas coa impresora, usando os programas informáticos OpenScad e TinkerCad.


  • Aquí vos deixo o vídeo da primeira peza que fixemos:



  • A continuación o video da segunda peza:




jueves, 26 de diciembre de 2013

Na última semana, antes das vacacións, rematouse coa montaxe da impresora e fixemos as primeiras probas co extrusor e imprimindo algunha peza.

No extrusor quedaba pendente de montar o hotend porque necesitabamos colocar unha peza para encher o oco do extrusor xa que o hotend era dos planos. Para conseguir a peza, solicitamos axuda ós veciños do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco para que coa súa Imprusiño nos fabricaran a peza, cousa que lles agradecemos e deixamos constancia de que unha parte da Prusabrañas foi elaborada pola súa impresora. Este foi o resultado.

Hotend coa peza acoplada
Colocado o hotend, tan solo faltaban os finais de carreira, axustar algún parafuso e iniciar o proceso de proba de funcionamento (eran momentos de certa tensión). Con todo aquel caos de cables, que máis adiante haberá que ordenar, a Prusabrañas ten este aspecto.


A primeira proba foi ver se funcionaba o hotend, con resultado positivo, saía o plástico de forma correcta, logo pasamos a facer unha peza, ahí xa empezaron a verse cousas raras como era o desprazamento de capas e liñas fora do sitio. Haberá que ver cal é o problema e seguir coa posta a punto. Estes foron os resultados, preme na imaxe para ver o vídeo:

http://www.youtube.com/watch?v=-STxDW3IMz0&feature=youtu.be


A volta das vacacións poñeremonos de novo co proxecto, agora toca descansar.


jueves, 12 de diciembre de 2013

Este Xoves non poidemos reunirnos para continuar co traballo da impresora, por culpa dos exames, sí o fixemos na semana pasada e nese día  fíxose a montaxe de toda a estructura e arranxaronse algúns problemas e detalles da montaxe que non estaban colocados de forma correcta, como pasaba no eixe X que se movía con moita dificultade porque rozaba na peza que van os rodamentos, pero unha vez eliminado ese roce xa se deslizaba mellor. O final fixose unha proba do funcionamento dos motores manexados coas ordes mandadas dende o programa do ordenador, respondendo moi ben.

Agora, para a próxima reunión, queda colocar o hotend no extrusor, que non foi colocado porque queremos acoplar unha peza cilíndrica no oco do extrusor, pois o hotend que temos é dos planos; para logo probar o resto dos compoñentes para ver como funciona toda impresora en conxunto. Ata o momento non houbo grandes problemas, xa veremos como vai o resto da montaxe e o funcionamento.



Imaxe da montaxe da impresora ata o momento.

viernes, 29 de noviembre de 2013

Nesta semana, o equipo Prusabrañas, non se reuniu para seguir cos traballos de montaxe da impresora (problemas de exames), realizándose, tan solo, traballos de preparación e axustes das pezas montadas.

Un dos problemas atopados é o movemento do soporte do extrusor polas varillas do eixe X que ofrece bastante resistencia e o motor móvese con dificultade e producíndose atascos. Será necesario ver como disminuir esa resistencia.

Na próxima semana, se os exames o permiten, xuntarémonos de novo para seguir coa parte final da montaxe.

lunes, 25 de noviembre de 2013

Terceiro día de traballo

Este terceiro día de traballo trouxo consigo unha serie de pequenos problemas, como por exemplo pezas que non encaixaban da forma correcta e as cales os alumnos tiveron que modificar. Aínda así os alumnos de 1º de Bach conseguiron continuar de forma favorable co proxecto da impresora 3D e avanzaron no montaxe do eixe X,Y e Z e na montaxe do extrusor.


lunes, 18 de noviembre de 2013

Segundo día de traballo

No segundo día de traballo os alumnos de 1ºBach que van fabricar a impresora 3d continuaron co seu proxecto.
Nesta segunda sesión, o obxetivo inicial era de conseguir realizar a montaxe da base da impresora. Dito obxetivo foi logrado con éxito e os alumnos avanzan no seu proxecto.

Foto da base da impresora 3D xa montada

lunes, 11 de noviembre de 2013

Primeiro día de traballo

O xoves 7 de novembro tivo lugar a primeira reunión do grupo de alumnos de Tecnoloxía Industrial 1º bach formado para a montaxe da impresora 3D.
Nesta reunión os alumnos tiveron un primeiro contacto cos materiais que van a empregar para a fabricación da impresora 3D, comezaron a entender o funcionamento dos programas informáticos precisos para o funcionamento da impresora e ademáis realizaron unha proba cos motores e cas tarxetas.
O próximo Xoves continuarán co traballo para poder montar a PrusaBrañas. 


Foto do Grupo de alumnos de 1ºBach no primeiro día de traballo.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Posta en marcha da montaxe impresora 3D

IMPRESORA 3D: PRUSABRAÑAS


Xa esta en marcha o grupo de alumnos de Tecnoloxía Industrial 1º bach formado para a montaxe da impresora 3D.

  •   Compoñentes do equipo:

      • Manuel Fidalgo Pombo
      • Xabier González Barca
      • Jorge Guillamet Suárez (portavoz)
      • José Muñiz Tuset
      • Manuel Pereira Pallas
      • Aarón Suárez Remuiñán
  •   Profesor/coordinador:

      • Manuel Vázquez Pallas
  •  Primeira reunión: xoves 7 de novembro
      • Revisión de material recibido
      • Recoñecemento de programas
      • Proba de hardware: tarxetas e motores.